Con motivo da apertura do Programa "Horizonte 2020", a Universidade da Coruña organiza unha serie de eventos para dar a coñecer este novo programa de financiamento da I+D+i en Europa e fomentar a participación dos investigadores e empresas do entorno en proxectos internacionais/

SEMINARIO: Oportunidades de financiamento en proxectos colaborativos nas convocatorias 2018 de H2020

Data: 26 de xuño de 2017
Hora: de 09.00 a 14.00 h
Lugar: Salón de actos do edificio CICA, Campus Elviña

SEMINARIO: Oportunidades para investigadores da UDC en programas de apoio á Ciencia Excelente

Data: 30 de maio de 2017
Hora: de 10.00 a 13.00 h
Lugar: Salón de actos do edificio CICA, Campus Elviña

SEMINARIO: Servizos de apoio e oportunidades de participación para investigadores da UDC nas convocatorias 2017 do H2020

Data: 17 de novembro de 2016
Hora: de 10.00 a 14.00 h
Lugar: Salón de actos do edificio CICA, Campus Elviña

SEMINARIO: Financiamento europeo para investigadores da UDC: oportunidades de participación e aspectos prácticos

Data: 5 e 6 de xullo de 2016
Hora: de 09.00 a 17.00 h (día 5); de 09.00 a 13.00 h (día 6)
Lugar: Salón de actos do edificio CICA, Campus Elviña

SEMINARIO: Seguridade, Ciberseguridade e Transporte na convocatoria 2017 de Horizonte 2020

Data: 24 de febreiro de 2016
Hora: de 09.00 a 14.00 h
Lugar: Aula 2.2.b, Facultade de Informática, Campus de Elviña

DESCRICIÓN

O obxectivo da sesión é dar a coñecer aos participantes os mecanismos e oportunidades baixo os programas de traballo das áreas de Seguridade e Transporte do novo programa cadro Horizonte 2020 (H2020), así como coas entidades relevantes nos respectivos programas e iniciativas, tanto a nivel estatal (delegacións nos comités de programas, agrupacións estatais, etc), coma a nivel europeo (plataformas tecnolóxicas, federacións, entidades de lobby…). Tamén se presentará unha actualización do estado de formación do próximo Partenariado Público-Privado contractual (cPPP) na área de Ciberseguridade, explicando as oportunidades de participación no proceso de constitución e posta en marcha.
As presentacións correrán a cargo da Dra. Marina Martínez, persoal destacado do CDTI (Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial) na oficina desta entidade en Bruxelas (oficina SOST, Spanish Office for Science and Technology), onde centra as súas actividades no programa H2020 e iniciativas afíns de I+D+i, sendo responsable das áreas de Seguridade e Transporte.
Existe a posibilidade de concertar unha reunión individual coa Dra. Martínez para comentar ideas de proxecto ou intereses de participación nas convocatorias destas áreas temáticas.

SESIÓNS FORMATIVAS: As claves das vindeiras convocatorias do programa Horizon 2020

Data: 24 e 25 de setembro de 2015
Hora: de 09.00 a 18.00 h
Lugar: Sala de xuntas, Edificio de Servizos Centrais de Investigación, Campus Elviña

DESCRICIÓN

A Comisión Europea ten prevista a publicación dos borradores avanzados dos Programas de Traballo 2016-2017 das diversas áreas do Programa Cadro Horizonte 2020 (H2020) no mes de Outubro de 2015.

Aínda que a aprobación formal e publicación das respectivas convocatorias terá lugar posteriormente, estes borradores avanzados xa conteñen información detallada sobre as prioridades temáticas das convocatorias (topics), orzamentos dispoñibles e prazos de presentación de solicitudes. Xa que logo, é posible comezar a traballar sobre posibles ideas de proxecto para as convocatorias do período 2016-2017 tomando como base estes documentos.

Neste contexto, e coincidindo coa celebración a nivel europeo da Noite Europea dos Investigadores, a OTRI da UDC vai organizar unhas sesións informativas sobre as claves das vindeiras convocatorias do H2020. A principal finalidade destas sesións é revisar polo miúdo os topics correspondentes aos novos programas de traballo 2016-2017, nomeadamente dos piares 2 (Liderado Industrial) e 3 (Retos Sociais) do H2020, prestando especial atención a aquelas áreas que teñen un vencemento máis inmediato.

SEMINARIO: Xestión de proxectos H2020

Data: 29 e 30 de Xuño de 2015
Hora: de 09.30 a 17.30 h
Lugar: Aula 2.0a, Facultade de Informática, Campus de Elviña

DESCRICIÓN

Os proxectos europeos do programa Horizon2020 levan asociados uns requisitos administrativos que condicionan de xeito importante a súa xestión e xustificación, tanto a nivel burocrático, coma técnico e económico. É preciso entender as pautas e procedementos que permiten realizar unha xestión axeitada deste tipo de proxectos, para garantir unha correcta execución e xustificación que conduza ao éxito do proxecto.
Os vindeiros días 29 e 30 de Xuño de 2015 terá lugar o seminario “Xestión de proxectos H2020”, organizado pola OTRI da Universidade da Coruña, na aula 2.0a da Facultade de Informática (Campus de Elviña, Coruña).

O programa desta actividade (a desenvolver en dúas xornadas dunhas 7 horas de duración cada unha) aborda os aspectos fundamentais relativos á xestión técnica e financeira dos proxectos H2020, nomeadamente:

– Relacións coa Comisión Europea
– Acordo de Consorcio e Acordo de Subvención
– Características xerais da xestión dos proxectos colaborativos
– Xestión Económica
– Xestión Técnica
– Exercizo práctico

Esta Xornada está enmarcada dentro das actividades que a OTRI da UDC está a realizar para fomentar a participación en convocatorias de proxectos colaborativos dentro do programa H2020. A xornada está dirixida a investigadores e xestores de equipos de investigación da UDC que desexen mellorar as súas capacidades.

As prazas son limitadas por mor do formato da actividade e serán asignadas seguindo a orde de recepción das inscricións.

SEMINARIO: Iniciativas de apoio á ciencia excelente en Galicia

Data: 26 de maio de 2015
Hora: de 10.00 a 14.00 h
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Dereito da UDC

DESCRICIÓN

Esta Xornada está enmarcada dentro das actividades que a Universidade da Coruña e a Axencia Galega de Innovación están a realizar para fomentar a participación en convocatorias de proxectos de Ciencia Excelente dentro do Horizonte 2020.

Na seguinte ligazón pode atopar o Programa da Xornada, no que se inclúe a presentación do Programa BERCE da UDC e o Programa Oportunius da Gain. Tamén contaremos coa presenza do Punto Nacional de Contacto para as accións Marie Sklodowska-Curie (MSCA) do programa H2020, que aportará información actualizada sobre as oportunidades de financiamento nesta área.

Existe a posibilidade de concertar unha reunión individual co Punto Nacional de Contacto MSCA para comentar ideas de proxecto concretas dirixidas a convocatorias MSCA.

Solicítase confirmación de asistencia por medio dun correo electrónico dirixido a otri.aula@udc.es antes do venres 22 de maio. Se ademais está interesado en manter unha reunión individual co Punto Nacional de Contacto MSCA, indíqueo no seu correo. As reunións serán asignadas por orde de recepción de solicitudes.

XORNADA: Aspectos de propiedade intelectual e industrial en proxectos H2020

Data: 27 de marzo de 2015
Hora: de 10.00 a 13.00 h
Lugar: Facultade de Informática, Campus de Elviña, Aula 3.3

DESCRICIÓN

O programa da xornada consta de dous bloques temáticos que abordan os aspectos xerais a considerar no eido da propiedade intelectual e industrial, así como a xestión destes elementos nos proxectos do actual Programa Cadro da Unión Europea, o programa Horizonte 2020.

O relator será o Punto Nacional de Contacto para aspectos legais e financeiros do H2020, Anxo Moreira.

Esta Xornada está enmarcada dentro das actividades que a OTRI da UDC está a realizar para fomentar a participación en convocatorias de proxectos colaborativos dentro do programa H2020. A xornada está dirixida a investigadores e xestores de equipos de investigación da UDC que desexen mellorar as súas capacidades de colaboración co sector privado, así como representantes de empresas que queiran dinamizar a colaboración coa UDC nun contexto europeo idóneo para estas iniciativas.

Solicítase confirmación de asistencia por medio dun correo electrónico dirixido a otri.aula@udc.es, antes do xoves 26 de marzo, 2015

SEMINARIO: Fast track to innovation. Claves para preparar unha proposta de éxito.

Data: Martes 27 e mércores 28 de xaneiro de 2015
Hora: de 9.00 a 15.00 h (martes) 9.00 a 18.00 h (mércores)
Lugar: Facultade de Informática (Campus de Elviña, aula por confirmar).

DESCRICIÓN

O novo esquema de financiamento FTI está pensado específicamente para apoiar ás universidades na súa colaboración co sector privado no eido da investigación e a innovación. A primeira convocatoria FTI estará aberta ata o 29 de Abril 2015. Conta cun orzamento superior aos 100 Millóns de euros para promover proxectos colaborativos academia-industria, sen restricións temáticas previas, a diferencia con outras áreas do programa H2020.

O programa da xornada será impartido en sesións repartidas en dous días de traballo:

martes 27, unha sesión teórica, coa presentación do novo esquema de financiamento a cargo de Marina Martínez (representante da Oficina Europea SOST do CDTI), en horario aproximado de 09.00 a 17.00 horas.

mércores 28, unha sesión práctica, deseñada coma un curso intensivo de preparación de propostas para H2020, con casos prácticos adaptados ás particularidades do novo esquema Fast Track to Innovation (FTI), a cargo de Luis Botifoll (consultor experto en financiamento europeo), en horario aproximado de 09.00 a 18.00 horas.

Esta Xornada está enmarcada dentro das actividades que a OTRI da Universidade da Coruña está a realizar para fomentar a participación en convocatorias de proxectos colaborativos dentro do Horizonte 2020. A xornada está dirixida a investigadores e xestores de equipos de investigación da UDC que desexen mellorar as súas capacidades de colaboración co sector privado, así como representantes de empresas que queiran dinamizar a colaboración coa UDC nun contexto europeo idóneo para estas iniciativas conxuntas.

XORNADA: A smart, blue H2020: territorios e oceános intelixentes na UDC

Data: 10 de decembro 2014
Lugar: Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña, A Maestranza

DESCRICIÓN

Entre os obxectivos estratéxicos da UDC para esta década atópase a internacionalización da investigación e da transferencia. Por volume de fondos mobilizados e polo seu recoñecemento a nivel global, un dos principais programas de financiamento a nivel internacional é o Programa Horizonte 2020 (H2020) da Comisión Europea.

Cun orzamento aproximado de 80 mil millóns de euros para un período de sete anos (2014-2020), H2020 constitúe unha opción de especial relevancia para universidades, centros de investigación e empresas á procura de financiamento para os seus proxectos de I+D+i.

As primeiras convocatorias deste novo programa comezaron publicarse en decembro de 2013, prestando especial atención a dúas prioridades temáticas, Blue Growth e Smart Cities and Communities, ás que a UDC tamén concede unha importancia estratéxica.

Enmarcada nunha serie de actividades divulgativas ligadas ao novo programa H2020, esta xornada abordará as novidades máis relevantes do H2020 e outros programas internacionais para entidades interesadas en proxectos colaborativos, con especial énfase nas temáticas específicas anteriormente mencionadas.
Con esta iniciativa, a UDC espera dar resposta a moitas preguntas concretas sobre estas posibilidades de financiamento de proxectos de I+D+i.

XORNADA: Mobiliza a túa carreira investigadora! As accións de mobilidade Marie Sklodowska-Curie da UE

Data: 28 de novembro de 2014
Hora: de 9:15h a 12h
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña

DESCRICIÓN

Esta Xornada contará coa colaboración de D. Manel Laporta Grau, da Dirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea, quen presentará as características e modalidades de participación deste programa pertencente ao Programa Horizonte 2020. En particular, describiránse polo miúdo as submodalidades das Innovative Training Networks (ITN) e das Individual Fellowships (IF).

A Xornada está dirixida a toda a comunidade universitaria, especialmente aos/ás investigadores/as novos/as que desexen promover a súa mobilidade tanto a nivel europeo como a nivel mundial e así construír as bases para posibles futuras solicitudes ao Consello Europeo de Investigación (Starting Grants) da Comisión Europea. Só será necesario inscribirse previamente nesta web ou enviando un correo electrónico á dirección otri.aula@udc.es antes do 26 de novembro.

Preséntase a posibilidade de concertar unha entrevista persoal co relator. As persoas que estean interesadas nun encontro persoal terán que indicalo no seu correo electrónico de inscrición. As entrevistas concederanse en función do tempo dispoñible.

XORNADA: Axudas á investigación do European Research Council (ERC)

Data: 21 de novembro de 2014
Hora: de 10.30 a 13.30 h
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña

DESCRICIÓN

O Consello Europeo de Investigación (ERC, European Research Council) é unha institución creada pola Comisión Europea para impulsar a excelencia científica e tecnolóxica e mellorar o impacto da ciencia europea. O ERC ten un programa específico dentro do Horizonte 2020 para financiar proxectos individuais de investigación excelentes que desenvolvan unha investigación novedosa na fronteira do coñecemento. O seu obxectivo específico é reforzar a excelencia, o dinamismo e a creatividade na investigación europea.

Dentro deste programa existen tres tipos de modalidades distintas con convocatorias específicas cada ano: Starting Grants (StG) e Consolidator Grants (CoG) para novos investigadores, e Advanced Grants (AdG) para investigadores sénior xa consolidados.

A Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) da Universidade da Coruña está a realizar diferentes accións para fomentar a participación en convocatorias de proxectos de Ciencia Excelente dentro do Horizonte 2020, e dentro destas actividades esta Xornada pretende ser un pulo para animar aos investigadores a participar neste Programa activamente presentando propostas interesantes e con posibilidades de éxito.

Contaremos coa colaboración do Dr. José Luis García, Representante Nacional no ERC, que explicará o Programa e as claves para preparar boas propostas de proxectos; do Dr. Jose Alberto Díez de Castro, Secretario Xeral de Universidades, que explicará o apoio que desde a Xunta se lle quere dar aos investigadores que presenten proxectos a estas convocatorias ; e do Dr. Héctor Gómez, investigador da UDC e beneficiario dunha Starting Grant, que explicará a súa experiencia neste Programa.

A Xornada está dirixida a toda a comunidade universitaria, sendo unicamente necesario inscribirse previamente nesta web ou enviando un correo electrónico á dirección otri.aula@udc.es antes do 20 de novembro.

XORNADA: Cooperación investigadora a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento

Data: 10 de xullo de 2014
Hora: de 10.30 a 11.30 h
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña

DESCRICIÓN

Esta xornada tratará sobre as posibilidades de Cooperación investigadora a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento (FED), o instrumento principal da axuda comunitaria á cooperación ao desenvolvemento, xestionada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento e Cooperación (EUROPEAID) da Comisión Europea.

O relator, Don Fernando Trabada Crende, Xefe do Sector para o Desenvolvemento Rural e Seguridade Alimentaria na Delegación da Unión Europea en Angola, explicará polo miúdo as actividades do FED para a promoción do desenvolvemento económico, social e cultural nos estados de África, Caribe e Pacífico (ACP) e territorios de ultramar. As prioridades do FED van dirixidas a conseguir a reducción da pobreza e concéntranse en:
• Dereitos humanos, democracia e outros elementos esenciais da boa gobernanza

• Crecemento inclusivo e sustentable para o desenvolvemento humano

• Protección social, saúde, educación e emprego

• Ambiente de negocios, e a integración nos mercados rexionais e mundiais

• A agricultura sostible e enerxía

En cada país, o FED concéntrase como máximo en 3 sectores focais.

A contribución de España ao 11º FED (2014-2020) está cifrada en 2.419,88 millóns de euros, un 7,93% dos 30.506 millones aportados polos Estados Membros.

Os fondos xestionados pola Comisión (axuda non reembolsable) enmárcanse nos Programas Estratéxicos de cada país e rexión, en forma de apoio orzamentario directo, sectorial e global e apoio a proxectos e programas.

Na súa exposición, que terá unha duración aproximada dunha hora e media, partindo da súa experiencia en Angola, o Sr. Trabada detallará as posibilidades de financiamento e cooperación para universidades públicas e empresas.

As persoas interesadas poden concertar unha entrevista co relator para tratar temas concretos dun potencial proxecto. Deberán indicalo ao facer a inscrición.

XORNADA: Ferramenta PEME – Programa europeo Horizon 2020

Data: 12 de maio de 2014
Hora: de 9.30 a 12.00 h
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña

Descrición

Unha das principais novidades de HORIZON 2020 é a denominada “Ferramenta PEME”, dotada con 2.700M€, un esquema de financiamento en fases dirixido a dar apoio a PEMEs que teñan a ambición de medrar, desenvolverse e internacionalizarse a través dun proxecto de innovación de dimensión europea.

A convocatoria da “Ferramenta PEME” é permanente, con varias datas de corte ao longo do ano, de temática aberta, que poderá solicitarse só por PEMEs individualmente (non será obrigatorio crear consorcios, nin se aceptarán candidaturas con perfil distinto ao da PEME) e terase acompañamento de especialistas na execución do proxecto.

Este programa europeo fai posible a relación entre a universidade e a empresa, a través dos grupos da UDC que colaboren no “modelo de negocio innovador” dos proxectos empresariais.

Este instrumento é moi atractivo para as PEMEs, xa que os proxectos deben estar próximos ao mercado (investigación aplicada e innovación), non estarán obrigadas a subcontratar as tarefas de I+D+i e a presentación de propostas será simplificada. Na avaliación valorarase especialmente o crecemento potencial da empresa e as súas oportunidades de mercado, máis que a parte científico-técnica.

Á Xornada asistirán representantes de PEMEs e emprendedoras/es do ecosistema empresarial vinculado á Universidade da Coruña que estean interesadas en desenvolver un proxecto de innovación. Non importa nin o sector, nin a súa temática, nin o seu grao de maduración. Unicamente importa a súa ambición para suscitar un proxecto durante este 2014.

Prégase confirmación antes do día 8 de maio. A asistencia é de balde, previa inscrición, no enderezo electrónico: unidade.apoio.ue@udc.es
As entidades interesadas, poden concertar unha entrevista cas persoas poñente para tratar temas concretos dun potencial proxecto.

XORNADA: Como mellorar a túa solicitude europea: Aspectos transversais dentro do programa H2020

Data: 9 de maio de 2014
Hora: de 10.30 a 12.30 h
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña

DESCRICIÓN

Este evento está enmarcado dentro das actividades baixo o lema “Investigar sen fronteiras: obxectivo Europa” que está a organizar a Universidade da Coruña co obxectivo de dar a coñecer o novo programa de investigación e innovación da UE, “Horizon 2020”, e fomentar a participación en proxectos europeos de quen vos dedicades a investigar.

A relatora Carmen Hormigo, persoal destacado do CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas) na oficina desta entidade en Bruxelas, centra dende hai 25 anos as súas actividades nos sucesivos Programas Marco da Comisión Europea e no actual Programa H2020. Carmen dará unha visión máis clara da importancia dos “cross-cutting issues” o temas trasversais que fundamentan todas as submodalidades do H2020, e que son, entre outros:

  • a igualdade de xénero
  • a participación das pemes
  • ampliar a participación: pechar a brecha entre “innovation leaders” e “modest innovators”
  • a cooperación internacional con terceiros países
  • o desenvolvemento sostible
  • as ciencias sociais e humanidades

A charla terá unha duración de dúas horas aproximadamente (coloquio incluido) e está dirixida aos/ás investigadores/as e xestores/as de equipos de investigación que desexen incrementar as súas posibilidades de éxito na redacción de propostas ao Programa H2020.

Prégase confirmación antes do día 7 de abril. A asistencia é de balde, previa inscrición, no enderezo electrónico: unidade.apoio.ue@udc.es
Para máis información: extensión telefónica 1464.

XORNADA: O investigador na procura da súa galaxia en Bruxelas

Data: 4 de abril de 2014
Hora: de 9.30 a 13.30 h
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Socioloxía, Campus de Elviña

descrición

A relatora Marina Martínez, persoal destacado do CDTI (Centro de Desarrollo Tecnolóxico e Industrial) na oficina desta entidade en Bruxelas (oficina SOST, Spanish Office for Science and Technology), centra as súas actividades no programa H2020 e iniciativas de I+D+i afíns. Marina dará unha visión máis clara do funcionamento do entorno europeo da I+D+i destacando cales son os diferentes actores que participan e as súas interaccións ademáis de cómo se articula o programa de seguridade no H2020.

A xornada está dirixida á comunidade universitaria da UDC, investigadores e xestores de equipos de investigación que teñan algún tipo de experiencia de participación no FP7 e que desexen mellorar e orientar o seu radio de acción no ámbito europeo.

Prégase confirmación antes do día 2 de abril. A asistencia é de balde, previa inscrición, no enderezo electrónico: unidade.apoio.ue@udc.es

XORNADA: Avaliación de proxectos dentro do HORIZONTE 2020

Data: 25 de marzo de 2014
Hora: de 10.00 a 12.00 h
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña

DESCRICIÓN

O relator Rubén Leboreiro, avaliador nos derradeiros VI e VII Programas Marco, realizará unha presentación sobre como se ven as propostas presentadas a Europa, dende o punto de vista de quen as avalía.
A xornada está dirixida á comunidade universitaria da UDC.

Para aquelas persoas que a OTRI está apoiando na preparación de propostas nas próximas convocatorias H2020, poderase concertar unha entrevista co ponente. Indicádenos o voso interese no mesmo correo de inscrición.

Prégase confirmación antes do día 21 de marzo. A asistencia é de balde, previa inscrición, no enderezo electrónico: unidade.apoio.ue@udc.es

XORNADA: Accións Marie Skłodowska-Curie no programa Horizonte 2020

Data: 17 de xaneiro de 2014
Hora: de 9.30 a 11.30 h
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña

DESCRICIÓN

O relator Paul Harris, oficial na Unidade de Formación e Movilidade de Investigadores “Marie Curie” da Comisión Europea, realizará unha presentación das características e modalidades de participación neste programa pertencente ao “Programa Horizonte 2020”.

A xornada está dirixida á comunidade universitaria da UDC.

Asistencia gratuíta previa inscrición no correo electrónico unidade.apoio.ue@udc.es

OBRADOIRO práctico de preparación de propostas ao programa Horizonte 2020

Data: 17 de decembro de 2013
Hora: 09.00 h
Lugar: Facultade de Informática, aula 3.2 terceiro andar

DESCRICIÓN

Dirixido á comunidade universitaria da UDC. Asistencia gratuíta previa inscrición no correo electrónico unidade.apoio.ue@udc.es

XORNADA: Presentación do Programa Horizon 2020

Data: 2 de decembro de 2013
Lugar: Paraninfo da Universidade da Coruña

Entrada libre até completar o aforo.
Inscrición na xornada en unidade.apoio.ue@udc.es

PROGRAMA