Servizos de apoio para proxectos de I+D internacionais

O Plan Estratéxico da Universidade da Coruña (UDC) para o período 2013-2020, recolle entre os seus obxectivos estratéxicos a “internacionalización da investigación e a transferencia”. Este obxectivo global debe ser desenvolvido por medio dunha serie de liñas de actuación:

  • Fomentar e apoiar o acceso ao financiamento.
  • Aumentar a concorrencia dos grupos da UDC nas convocatorias competitivas internacionais.
  • Impulsar a internacionalización a través da formación de novos investigadores.

A Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) da UDC, coma parte do seu papel central de asesoramento aos grupos de investigación da Universidade, exerce de xeito continuo un labor proactivo de apoio no eido da internacionalización, nomeadamente prestando apoio á comunidade investigadora no acceso a financiamento en convocatorias internacionais de I+D.

Para optimizar o aliñamento entre os obxectivos establecidos polo Plan Estratéxico e os servizos de apoio ofertados pola OTRI no eido da internacionalización, foi elaborado un catálogo comprensivo destes servizos, artellados arredor do novo Programa Euro+.

O Programa Euro+ presenta, de xeito sistematizado, os diversos servizos de apoio prestados pola OTRI (co apoio puntual de entidades externas) aos investigadores da UDC para as súas solicitudes a programas internacionais de I+D+i, abarcando labores en todas as fases do ciclo de vida das solicitudes:

  • Actividades previas.
  • Apoio na preparación e envío de solicitudes.
  • Apoio na execución de proxectos concedidos

Persoa de contacto

Martiño Rubal Maseda

E: 881 01 5783

T: otri.europa@udc.gal

Pode consultar aquí un resumo dos servizos do Programa Euro+ (presentación en pdf):

Pode consultar aquí o texto completo do Programa Euro+, coa descrición detallada de cada servizo: