Nesta sección recóllese a información da última convocatoria de acceso ao Viveiro de Empresas

Convocatoria aberta (ata o 13 de maio de 2019)

Deberase entregar na Sede Electrónica da UDC a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude
  • Descrición da iniciativa empresarial
  • Documentación xustificativa do vínculo coa universidade de polo menos unha persoa integrante do proxecto (por exemplo: matrícula, expediente académico actualizado, título académico, contrato laboral, datos persoais da intranet da UDC, etc.)

No caso de que a empresa estea constituída deberase achegar a documentación sinalada máis o establecido no artigo 4.b do Regulamento.

Para máis información, consultar a Convocatoria e o Regulamento para admisión e permanencia de iniciativas empresariais no Viveiro de empresas innovadoras da UDC.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

En cumprimento do artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á la libre circulación destes datos (“Regulamento Xeral de Protección de Datos” ou “RXPD”), e do artigo 11 da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados polos interesados no marco desta convocatoria serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade da Coruña (UDC), sendo os seus datos de contacto Rúa Maestranza 9, 15001, A Coruña, teléfono 981167000, correo electrónico secretariaxeral@udc.gal

 

A finalidade do tratamento destes datos persoais é a xestión do acceso ao Viveiro de empresas da UDC. Todas as persoas que entren en contacto con estes datos coa citada finalidade cumprirán o deber de confidencialidade establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais.

 

Mediante a concorrencia a esta convocatoria, o interesado consinte expresamente na publicación dos seus datos na resolución da solicitude, dentro do Taboleiro Oficial da Sede electrónica da UDC, na forma prevista na Disposición Adicional 7ª da Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais. Así mesmo, consinte no tratamento dos seus datos aos efectos de cumprir coa finalidade descrita, e terá dereito a retirar o seu consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos. Tamén ten dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse ao citado tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poder público, a portabilidade dos seus datos. Tales dereitos poderá exercelos mediante solicitude remitida á seguinte dirección: Secretaría Xeral, Reitoría da Universidade da Coruña, Rúa Maestranza 9, 15001 de A Coruña ou ao correo electrónico secretariaxeral@udc.gal , coa referencia “protección de datos”, a través dun escrito firmado ao efecto achegando fotocopia do DNI. Igualmente poderá dirixir esta solicitude directamente ao Delegado de Protección de Datos, á mesma dirección postal anteriormente indicada, ou ao correo electrónico dpd@udc.gal . Asemade, ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).