A través da OTRI xestiónanse as patentes realizadas polo profesorado no ámbito das súas funcións docentes e investigadoras, correspondendo a súa titularidade á universidade, segundo a Lei 11/86 de Patentes/

Prestamos apoio nos seguintes aspectos:

  • Xestión e asesoramento sobre a protección de resultados de investigación
  • Documentación sobre propiedade industrial: normativas, leis, directivas, etc…
  • Tramitación de solicitudes de patentes e software
  • Explotación de resultados: contratos de transferencia de tecnoloxía, contratos de licenzas de explotación e contratos de know-how

Se vostede desexa comunicar un resultado, que considera susceptible de ser protexido, deberá cumprimentar o seguinte cuestionario de análise tecnolóxica e remitilo á OTRI no menor prazo posible e sempre antes de publicar ou difundir calquera información relacionada co fin de evitar a perda de novidade.