Programa de Impulso á participación no Espazo Europeo de Investigación

A UDC foi seleccionada no marco do programa “Europa Redes y Gestores – Europa Centros Tecnológicos 2017” financiada polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (MINECO) coma entidade beneficiaria dunha axuda dirixida a mellorar o seu posicionamento e posibilidades de obter financiamento procedente da Unión Europea, por medio dun Programa de Impulso á participación no Espazo Europeo de Investigación.

Dado que, en última instancia, o beneficiario final desta axuda debe ser o conxunto da comunidade investigadora da UDC, a Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) vai xestionar a distribución dunha parte significativa do orzamento dispoñible entre os investigadores interesados en desenvolver actividades que contribúan a unha axeitada implementación dos obxectivos plantexados no Programa de Impulso. Entre outras, as actividades obxecto de axuda poden incluír:

  1. Participación en eventos e/ou reunións internacionais, directa ou indirectamente relacionadas coa presenza en proxectos europeos, particularmente do programa H2020:

1.1. Actividades directas poden incluír, entre outras, a participación en InfoDays, Proposers Days, eventos de brokerage ou networking, reunións de formación de consorcios, actividades durante o proceso de avaliación de propostas (entrevistas), ou actividades durante o proceso de contractualización.

1.2. Actividades indirectas poden incluír, entre outras, a asistencia a actos de redes europeas, plataformas tecnolóxicas, partenariados público-privados e outras asociacións de interese do Espazo Europeo de Investigación.

  1. Labores de asesoramento e apoio para promoción de propostas europeas, en particular do programa H2020. Estes labores poderán incluír, entre outros, o apoio por medio de consultaría especializada para definición de ideas de proxecto, redacción/revisión de memorias técnicas, etc.

 

Persoa de contacto

 

Xosé Manuel García
T: 881 01 2692
E: otri.europa@udc.gal

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto de xeito continuado até o 1 de novembro de 2018. Os investigadores interesados poden enviar as súas solicitudes por medio dos formularios que se indican a seguir:

Eixo 1

Participación en eventos e/ou reunións internacionais, directa ou indirectamente relacionadas coa presenza en proxectos europeos, particularmente do H2020.

Eixo 2

Labores de asesoramento e apoio para promoción de propostas europeas, en particular do programa H2020.

Actuación financiada