Seminario “Servizos de apoio e oportunidades nas convocatorias 2017 do H2020”

A xornada inclúe a presentación do principal punto de acceso ao programa H2020 (portal do participante), así coma información sobre as súas prioridades temáticas para o 2017. Haberá tamén un bloque con contidos máis prácticos, abordando aspectos relativos á elaboración, envío e avaliación de propostas, e unha sesión con información sobre as medidas específicas de apoio aos proxectos de Ciencia Excelente que a UDC está a desenvolver (programas berce e InTalent).

Os relatores serán técnicos da OTRI da UDC expertos nas temáticas a presentar.
“Servizos de apoio e oportunidades nas convocatorias 2017 do H2020”