PROGRAMA SUSTENTA PARA A VALORIZACIÓN DOS RESULTADOS DE INVESTIGACIÓN DO CAMPUS SUSTENTABILIDADE

O desenvolvemento do programas Sustenta supón a identificación, a xerarquización e a análise dos resultados da investigación que se realiza no ámbito dos campus Sustentabilidade. Está dirixido en concreto a resultados de investigación que reúnan condicións de aplicabilidade e interese de transferencia.

A avaliación preliminar dos resultados de investigación permitirá coñecer o potencial dos coñecementos alcanzados e poñelos en valor. Ademais, esta información pode utilizarse como ferramenta para orientar a estratexia que se debe seguir e para coñecer as posibilidades de transferencia que poden chegar a ter os ditos resultados.

Esta iniciativa constará de dúas fases que serán xestionadas e coordinadas pola OTRI da UDC en colaboración co campus Sustentabilidade:

  1. Fase de xerarquización das solicitudes

Todas as propostas presentadas serán avaliadas co obxecto de establecer unha listaxe en que aparecerán xerarquizadas de acordo co seu potencial de transferencia.

  1. Fase de análise das solicitudes

A solicitude de cada unha das áreas de especialización singular do campus Sustentabilidade mellor puntuada na fase anterior pasará á fase de análise.

Realizarase unha análise individualizada dos puntos críticos de valor dos resultados de investigación seleccionados, mediante o estudo das súas viabilidades básicas de innovación (técnica, económica, comercial e reguladora).

As solicitudes deberán ser presentadas segundo o formulario oficial (anexo I) e enviadas en formato PDF por correo electrónico ao enderezo: otri.valorizacion@udc.gal.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase tras a publicación desta convocatoria na páxina web da OTRI e rematará o día 8 de novembro de 2018.