Convocatoria de axudas para a participación en proxectos europeos

A UDC foi seleccionada no marco do programa “Europa Redes y Gestores – Europa Centros Tecnológicos 2017” financiada polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (MINECO) coma entidade beneficiaria dunha axuda dirixida a mellorar o seu posicionamento e posibilidades de obter financiamento procedente da Unión Europea, por medio dun Programa de Impulso á participación no Espazo Europeo de Investigación.


A Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) ven de publicar unha convocatoria de axudas para investigadores interesados en desenvolver actividades que contribúan a unha axeitada implementación dos obxectivos previstos neste Programa. Poden obter máis información no sitio web da convocatoria: