CONVOCATORIA ABERTA: Programa TRANSFIRE UDC de apoio á transferencia do coñecemento

A Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia, a través da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) veñen de lanzar o Programa TRANSFIRE UDC de apoio á transferencia do coñecemento da comunidade investigadora da UDC.

O Programa TRANSFIRE UDC é unha iniciativa que busca transferir ao tecido produtivo e á sociedade os resultados de investigación e tecnoloxías desenvolvidas pola comunidade investigadora da UDC. 

TRANSFIRE UDC é un programa ambicioso e integral, que persegue: 

  • Identificar os resultados de investigación todas as áreas de coñecemento. da UDC. 
  • Poñer en valor o coñecemento xerado (mesmo no caso dos resultados que se atopen nun grao de madurez inicial). 
  • Despexar calquera incerteza acerca das posibilidades de transferencia dos resultados que se obteñen na actividade investigadora. 
  • Proporcionar á comunidade investigadora da UDC apoio, recursos e asesoramento personalizado nos aspectos clave do proceso de maduración e transferencia á sociedade de resultados científicos. 

Máis información: