A Universidade Complutense de Madrid (UCM) xestiona o programa NILS Ciencia e Sostenibilidade, dirixido a ampliar as relacións académicas e de investigación entre España, por unha banda, e Noruega, Islandia e Liechtenstein, pola outra.
No eido deste programa, financiado polo Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo, lánzase a convocatoria Abel de Mobilidade de Investigadores/as, dirixida a universidades públicas e privadas e a organismos públicos de investigación co obxecto de financiar a mobilidade do persoal investigador para levar a cabo actividades de investigación e formación avanzada en ámbitos estratéxicos para a Sustentabilidade da Terra e o Benestar Humano.
Toda a información sobre o programa, as convocatorias e a documentación necesaria pode consultarse en www.nilsmobilityproject.es.