O Programa BERCE pretende dar cobertura a todos os proxectos que obteñan financiamento do ERC, independentemente da área de coñecemento á que pertenzan, sen ningún tipo de exclusión: ciencias humanas e sociais, ciencias da vida e ciencias físicas e enxeñaría.

A UDC é unha institución multidisciplinar e de carácter transversal. Con todo, como calquera outra universidade, ten unhas áreas de investigación en que salienta especialmente, polo xeral relacionadas cos graos e titulacións que imparte e cos centros de investigación dos que dispón.

Sinálanse a continuación unha serie de áreas especialmente interesantes pola súa proxección científica, polo seu carácter emerxente ou pola súa consideración de estratéxicas dentro da planificación actual:/

Áreas relacionadas cos
institutos de investigación universitarios

A UDC conta con oito institutos de investigación universitarios relacionados con áreas como as ciencias da saúde, o medio, a matemática industrial, etc…

Áreas relacionadas coas
ciencias sociais e as humanidades