9 de maio – SEMINARIO: Servizos de apoio da OTRI e oportunidades de participación para investigadores da UDC en programas de Ciencia Excelente

Coma parte do labor de fomento e apoio no acceso ao financiamento mediante convocatorias competitivas, a Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) da UDC organiza en colaboración co Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) un seminario para repasar as oportunidades para os investigadores da UDC en programas de apoio á Ciencia Excelente dentro do Programa Cadro da Unión Europea Horizonte 2020 (H2020).

Os relatores serán técnicos da OTRI, que presentarán tamén información sobre os servizos de apoio prestados por esta oficina á comunidade investigadora da UDC.