5 novembro – Xornada “Oportunidades de colaboración UDC–Empresa en H2020 e outros programas internacionais de I+D”

O FP H2020 é unha das maiores fontes de financiamento competitivo existentes a nivel internacional. Asemade, este Programa e o resto de convocatorias internacionais supoñen un marco ideal para a colaboración entre universidades e o sector privado, ao obxecto de acadar a excelencia, innovar, gañar en competitividade, internacionalizar e obter financiamento para os seus proxectos.

Coa presente xornada de traballo pretendemos detectar oportunidades e crear un espazo para o encontro do que podan agromar consorcios, propostas e proxectos colaborativos na área xeográfica de influencia da UDC, achegando coñecemento e contribuíndo ao desenvolvemento económico da sociedade.

  • Día: 5 de novembro de 2018
  • Horario:
    • Sesión 1: de 9:45 h a 14:30 h
    • Sesión 2: 15:30 h
  • Lugar: Salón de Actos do Edificio de Servizos Centrais de Investigación (ESCI), Campus de Elviña, A Coruña

 

Solicítase inscrición na seguinte ligazón antes das 14:00 horas do día 2 de novembro de 2018:

 

Pregamos que no mesmo indiquen expresamente se solicitan unha reunión individualizada cos consultores, e se van asistir aos petiscos que se servirán en horario de 14:30 a 15:30.