28, 29 e 30 de Setembro – II Encontro Universidade-Empresa Sherpa Do Mar

Desde a Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI), no marco do proxecto de investigación internacional Sherpa do Mar no que participa na OTRI da Universidade da Coruña, informamos de que estamos a preparar o II Encontro en liña Universidade-Empresa para os vindeiros 28, 29 e 30 de setembro.

O evento inclúe reunións bilaterais de 20 minutos e unha xornada divulgativa o día 29 con poñentes de primeiro nivel.

O tema da xornada divulgativa é a innovación e o emprendemento no campo da pesca, a acuicultura e o cambio climático.

Podes atopar máis información na páxina web de Sherpa do Mar.