27 de febreiro – Xornada informativa “A Protección do software. Dereitos de autor e patentes”

O vindeiro mércores 27 de febreiro 2019 terá a xornada informativa “A Protección do software. Dereitos de autor e patentes”, organizada pola OTRI da UDC xunto co CITIC, en colaboración coa Oficina Española de Patentes e Marcas.

Os principais obxectivos desta xornada son dar a coñecer as posibilidades de protección do software dende un punto de vista legal e estratéxico e impulsar o uso da información de patentes no mundo universitario.

A irrupción das novas tecnoloxías nos mercados tradicionais supón un cambio substancial, onde o software configúrase como o activo de numerosos negocios dixitais. Por outra banda, a protección dos coñecementos xurdidos da investigación é cada vez máis valorada (resultados transferibles ás empresas, sexenios de investigación, etc.), polo que esta xornada pode ser unha referencia á hora de definir as estratexias de actuación dos grupos de investigación da UDC.

  • Data: 27 de febreiro de 2019
  • Lugar: sala Cloud do CITIC (campus de Elviña)
  • Horario: 9:30 h a 13:45 h

 

Presentacións da xornada

 

 

 

Programa da xornada

 

A xornada é aberta e gratuíta, previa inscrición antes das 14:00 horas do 25 de febreiro de 2019, a través do cuestionario que atopará na seguinte ligazón: