24 OUTUBRO – XORNADA FORMATIVA “ASPECTOS FINANCEIROS DO PROGRAMA H2020”

Xornada formativa “Aspectos Financeiros do Programa H2020″, organizada pola OTRI da UDC, que será impartida por persoal da empresa CET Auditores.

A Universidade da Coruña contempla como unha das liñas de actuación do seu Plan Estratéxico UDC 2020 o fomento e apoio do acceso ao financiamento internacional para investigación.

H2020 é o Programa Marco da Comisión Europea que achega maiores oportunidades de financiamento no ámbito da I+D, se ben esa gran dotación de fondos leva aparellada unha elevada complexidade en termos de xustificación financeira.

Co presente seminario, desde a OTRI pretendemos achegar información relevante para a correcta  elaboración dun orzamento desde cero e debullar as partidas que o integran, ao obxecto de facilitar unha axeitada xustificación posterior do Proxecto.

  • Día: 24 de outubro de 2018
  • Horario: de 9:00h a 18:30h
  • Lugar: Aula 2.01 do Edificio da Área Científica (detrás da Facultade de Informática e a ETS Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos), Campus de Elviña.

Aforo limitado por orde de inscrición: Solicítase confirmación de asistencia por medio dun correo electrónico dirixido ao enderezo otri.aula@udc.gal antes das 14:00 horas do día 23 de outubro de 2018.

Serviráse un xantar de pé ás 14:30, para optimizar o aproveitamento da xornada. Prégase que na inscrición confirmen a súa intención de asistir ao mesmo.