23 DE NOVEMBRO 2017 – Coruña – SEMINARIO “NOVA NORMATIVA INTERNA E SERVIZOS DE APOIO PARA INVESTIGADORES DA UDC NO PROGRAMA H2020”

A xornada inclúe a presentación dos diversos servizos de apoio prestados pola OTRI aos investigadores interesados en convocatorias europeas, con especial atención aos programas específicos dispoñibles para a área de Ciencia Excelente e os programas de apoio cos que conta a UDC neste eido. Haberá tamén unha descrición detallada sobre as recentes novidades na normativa interna da UDC aplicable á solicitude e xestión de proxectos europeos.

Existe a posiblidade de manter reunión individuais cos técnicos da OTRI por parte de investigadores interesados en participar e/ou promover unha proposta europea.

Solicítase confirmación de asistencia (indicando se desexan concertar unha reunión individual) por medio dun correo electrónico dirixido a otri.aula@udc.es, antes do martes 21 de novembro ás 14.00 horas. As horas de reunión dispoñibles serán asignadas en función da orde de chegada das inscricións.