14 DE MAIO – CONFERENCIA: HORIZON 2020: PERSPECTIVE ON ERC GRANTS AND COLLABORATIVE PROJECTS

Coma parte do labor de fomento e apoio no acceso ao financiamento mediante convocatorias competitivas, a Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) da UDC organiza en colaboración co novo Campus de Sustentabilidade unha conferencia para abordar experiencias en proxectos colaborativos e con axudas ERC.
O relator será o Dr Marcus Collier, do Trinity College Dublin, que ten experiencia coma coordinador de proxectos colaborativos de grande dimensión no programa H2020, e tamén coma avaliador de proxectos ERC.