12 SETEMBRO – XORNADA “AS CONVOCATORIAS DO EIC: OPORTUNIDADES PARA A UNIVERSIDADE E A EMPRESA”

Unha das máis relevantes novidades na fase final do Programa Marco H2020 ten sido a creación do European Innovation Council (EIC), que concentra a maior parte das convocatorias europeas destinadas ao financiamento da innovación e está dotado dunha inxente cantidade de fondos.

As convocatorias do EIC (FET Open, FET Proactive, FTI, SME Instrument, etc.) supoñen un marco axeitado para a presentación de propostas colaborativas entre a Empresa e a Universidade, así como para a interacción co tecido emprendedor máis innovador e disruptivo.

Co obxectivo de informar á comunidade investigadora da UDC e ao ecosistema empresarial das oportunidades existentes nas devanditas convocatorias, a OTRI organiza unha xornada monográfica. Na mesma, contaremos coa participación como relator de Luis Guerra, Técnico do CDTI, Delegado Español para H2020 SME e membro do Access to Risk Finance Programme Committee.

  • Data: 12 de xuño 2019
  • Lugar: Salón de Graos da ETS de Camiños, Canais e Portos, Campus de Elviña (https://goo.gl/maps/TKb8dSEnboYyq7HK6)
  • Horario: 10:00 h  a 13:00 h

Prégase confirmación de asistencia cubrindo o seguinte formulario