As vantaxes que ofrece a UDC como institución de acollida para os investigadores beneficiarios das ERC grants poden resumirse en tres grandes apartados/

OPORTUNIDADE CIENTÍFICA

Malia a súa mocidade, a UDC conta con numerosos investigadores destacados nas súas áreas de investigación. Dispón ademais dun parque tecnolóxico con diferentes centros de investigación e institutos universitarios que cobren un amplo abano de campos do coñecemento.

OPORTUNIDADE SOCIAL

A UDC estrutúrase nos campus universitarios da Coruña e Ferrol. Ambas cidades son enclaves acolledores e abertos ao mar, cun clima agradable ao que é doado adaptarse.

OPORTUNIDADE ECONÓMICA

É unha universidade cunha economía saneada e que promove o uso eficiente dos seus recursos desde o punto de vista tanto económico como ambiental.

A UDC ten como finalidade contribuír ao avance cultural, social e económico da sociedade mediante a xeración, xestión e difusión da cultura e o coñecemento científico, tecnolóxico e profesional. Segundo o seu plan estratéxico, concibe a súa misión como un servizo público e de calidade.

A UDC é unha universidade nova (en 2014 celebrou o seu 25 aniversario) e dinámica, que está na procura constante de novas oportunidades de mellora. É unha institución pública que aposta pola calidade na súa investigación e nos seus servizos.