Espazo de traballo da UDC en Bruxelas
A Universidade da Coruña (UDC), por medio de Vicereitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia (VPCIT), promove colaboracións con entidades afíns tratando de favorecer o desenvolvemento de actividades que contribúan á consecución dos obxectivos establecidos no seu Plan Estratéxico 2013-2020, nomeadamente no que se refire á “Internacionalización da investigación e a transferencia”.
Neste contexto, a nosa Universidade mantén un convenio de colaboración co “Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)” por medio do cal a UDC dispón dun espazo de traballo en Bruxelas, no edificio que acolle a Delegación na cidade do CSIC, ubicado na Rue du Trône 62, 1050, Bruxelas.
Este espazo está dispoñible para a comunidade investigadora de UDC, de xeito totalmente gratuito, tanto para a celebración de reunións, coma para o seu uso ocasional por desprazamentos de traballo a Bruxelas, organización de seminarios ou eventos na cidade, etc.
Neste espazo de traballo, a UDC pon á súa disposición:
- unha oficina totalmente equipada para o uso do persoal da UDC.
- áreas de traballo en común.
- 3 salas de reunión, con capacidade entre 15 e 80 persoas, dotadas de proxectores, pantallas, equipos de videoconferencia, etc.
Se está interesado en facer uso gratuíto deste espazo de traballo, pode consultar o procedemento de solicitude de utilización do espazo de traballo, dispoñible neste sitio web
O prazo de presentación de solicitudes está aberto de xeito continuado.
Procedemento de solicitude de utilización do espazo de traballo da UDC en Bruxelas
Formulario de solicitude de utilización do espazo de traballo da UDC en Bruxelas