A Universidade da Coruña conta cun amplo persoal de profesionais investigadores especializados en diversos sectores económicos. O traballo destes investigadores xerou unha serie de resultados de investigación con aplicación no mercado e listos para poder ser transferidos á sociedade.

A OTRI, xunto cos investigadores, puxo a punto o Catálogo de Oferta Tecnolóxica da Universidade da Coruña, onde se poden visualizar os resultados desenvolvidos nesta universidade: patentes, sóftware, servizos de I+D ou calquera outro resultado de investigación.

Calquera empresa, entidade ou inversor con interese en coñecer a nosa oferta tecnolóxica ou algún grupo de investigación co que colaborar, por favor contacte con nós.

Así mesmo, a Universidade da Coruña conta con diversas bases de datos e documentación promocional, onde se poderá consultar máis detalladamente o persoal investigador da universidade e as súas liñas de investigación.