InTalent UDC-Inditex é un programa da Universidade da Coruña co apoio da empresa Inditex para a contratación, durante un período máximo de tres anos, de investigadores posdoutorais con proxección e ampla traxectoria internacional. A través de InTalent búscase a xeración, retención, recuperación e captación de talento investigador co obxectivo de crear tecido científico e investigador de excelencia.

O Programa diríxese a científicos e científicas de calquera nacionalidade cun mínimo de tres anos de experiencia posdoutoral, dous anos de experiencia internacional en centros de I+D, unha traxectoria investigadora excelente e capacidade de xerar coñecemento novo.

InTalent, o programa nacido para captar e reter excelencia investigadora en Galicia