Existen convocatorias, tanto no ámbito nacional como no europeo, que posibilitan que investigadores internacionais realicen os seus proxectos en entidades como a Universidade da Coruña. Por este motivo, a UDC quere facer extensivo o seu programa de apoio á ciencia excelente a todas aquelas convocatorias de financiamento de proxectos individuais que supoñan unha aposta pola investigación de calidade e que poidan supoñer un paso significativo na carreira científica.

Por tanto, a UDC pretende dar apoio á presentación de propostas, así como ao posterior desenvolvemento dos correspondentes proxectos nos seus centros, en diferentes convocatorias.

Algunhas das convocatorias de apoio á presentación de propostas e proxectos/

Programa Ramón y Cajal

Programa Juan de la Cierva Formación

Programa Beatriz Galindo

Programa María Zambrano

Atración e retención talento Xunta de Galicia

Talento Investigador Campus Industrial Ferrol

Becas Junior Leader Fundación La Caixa

Calquera outro programa de financiamento por concorrencia competitiva relacionado coa Ciencia Excelente ao que poidan optar investigadores individuais con interese en desenvolver as súas propostas na UDC