BERCE é un programa ambicioso que pretende que calquera investigador/a potencialmente interesado/a en presentar un proxecto ao ERC teña en conta á UDC como posible institución de acollida.

Aínda que é certo que o programa está aberto a científicos de todos os países do mundo, tamén o é que, polo seu enclave xeográfico e pola súa tradición cultural, os investigadores ibéricos e iberoamericanos son o obxectivo prioritario desta iniciativa. A UDC xa sinala nos seus Estatutos que promoverá a plena integración no espazo europeo e a proxección en América Latina./

De acordo con este enfoque e tal como se detalla no propio nome deste programa (benvida, estabilización e retorno de ciencia excelente), as liñas de actuación fundamentais son tres:

BENVIDA A
INVESTIGADORES INTERNACIONAIS

Con atención especial aos latinos que queiran solicitar e desenvolver a súa ERC Grant en calquera das súas modalidades a través da UDC.

ESTABILIZACIÓN LABORAL DOS INVESTIGADORES
BENEFICIARIOS DUNHA ERC GRANT

De acordo co Programa Oportunius promovido desde a Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia.

RETORNO DO
TALENTO EXCELENTE GALEGO

Que actualmente desenvolve a súa actividade investigadora no estranxeiro e desexa volver a Galicia para continuar a súa carreira científica.