LIFE é un instrumento de cofinanciamento para actuacións en favor do medio ambiente na Unión Europea e en terceiros países (países candidatos á adhesión á UE, países da Asociación Europea de Libre Comercio membros da Axencia Europea de Medio Ambiente e países dos Balcáns Occidentais incluídos no proceso de estabilización e asociación).

Tratándose de subvencións para actividades concretas, a porcentaxe máxima de cofinanciamento é do 60% dos custos elixibles; non obstante, se se trata de proxectos de protección de hábitats ou de especies prioritarias, LIFE pode financiar ata o 75% dos custos.

O Programa LIFE non financiará accións que poidan recibir axudas doutros instrumentos financeiros da Unión Europea. O control do financiamento e o seguimento da realización das actuacións é tarefa da Comisión Europea, que tamén se encarga de recuperar as sumas indebidamente percibidas.