NATUREZA E BIODIVERSIDADE

  • Ten como obxectivo protexer e restaurar a natureza europea e deter e reverter a perda de biodiversidade. Deste xeito, este subprograma continuará financiando proxectos de conservación da natureza, especialmente nos ámbitos de biodiversidade, hábitats e especies. Apoiará proxectos que contribúan á aplicación das directivas comunitarias sobre aves hábitats, en particular ao desenvolvemento e xestión da rede Natura 2000, o Regulamento sobre especies exóticas invasoras e apoiará a consecución dos obxectivos da estratexia de biodiversidade da UE para 2030, parte do Pacto Verde da UE.

FINANCIAMENTO: A porcentaxe máxima de financiamento é do 60% dos gastos elixibles coa exección:

              • 67% para proxectos dirixidos a especies ou hábitats prioritarios e non prioritarios.
              • 75% para proxectos dirixidos exclusivamente a especies ou hábitats prioritarios.

ECONOMÍA CIRCULAR E CALIDADE DE VIDA

  • Ten como obxectivo facilitar a transición cara unha economía sostible, circular, libre de tóxicos, eficiente enerxéticamente e resistente ao clima, así como protexer, restaurar e mellorar a calidade do medio, ben mediante intervencións directas ou apoiando a integración dos obxectivos noutras políticas. Así, LIFE seguirá cofinanciando proxectos no sector medioambiental, en particular no ámbito da economía circular, a xestión da auga, o aire, o ruído, o solo e os produtos químicos. O subprograma ofrece principalmente axudas para proxectos que executan solucións innovadoras e de mellores prácticas nestes ámbitos a través dos chamados proxectos de acción estándar (SAP). Tamén contribúe a aplicación, seguimento e avaliación da política e lexislación ambiental da UE a través dos denominados Proxectos Estratéxicos Integrados (PEI).

FINANCIAMENTO: A porcentaxe máxima de financiamento é do 60% dos gastos elixibles.

MITIGACIÓN E ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO

  • Este subprograma apoia proxectos nos ámbitos das enerxías renovables, a eficiencia enerxética, a agricultura, o uso do solo e a xestión de turbeiras. Ofrece bolsas de acción para proxectos piloto e demostrativos de mellores prácticas que contribúan á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, á aplicación e desenvolvemento da política e lexislación da UE, mellores prácticas e solucións. A Comisión Europea busca especialmente tecnoloxías e solucións que estean preparadas para ser aplicadas en condicións próximas ao mercado, a escala industrial ou comercial, durante a duración do proxecto.Na área de “Adaptación ao cambio climático” cofinancia proxectos nos ámbitos da resiliencia á escaseza de auga, secas, incendios forestais ou inundacións, tecnoloxías de adaptación para sectores económicos e protección dos recursos naturais. Ofrece subvencións de acción para proxectos piloto, demostrativos e de mellores prácticas que axuden a mellorar a resiliencia ao cambio climático.

FINANCIAMENTO: A porcentaxe máxima de financiamento é do 60% dos gastos elixibles.

TRANSICIÓN ÁS ENERXÍAS LIMPAS

  • Apoio a proxectos nos ámbitos das enerxías renovables, a eficiencia enerxética, a agricultura, o uso do solo e a xestión de turbeiras. Ofrece bolsas de acción para proxectos piloto e demostrativos de mellores prácticas que contribúan á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, á aplicación e desenvolvemento da política e lexislación da UE, ás mellores prácticas e solucións. Conta cun orzamento de case 1.000 millóns de euros para o período 2021-2027 e o seu obxectivo é facilitar a transición cara unha economía enerxéticamente eficiente, baseada en enerxías renovables, climáticamente neutra e resiliente, financiando a coordinación e apoio en toda Europa.

FINANCIAMENTO: A porcentaxe máxima de financiamento é do 60% dos gastos elixibles.