No marco da Política de Cohesión da Unión Europea, a Comisión aprobou o Programa Interreg de Cooperación Transfronteiriza España-portugal (POCTEP) 2021-2027, dirixido á cooperación entre as rexións de España e Portugal. Cunha achega do FEDER de 320 millóns de euros, está considerado o maior programa transfronteirizo da UE 2021-2027.

 

A través da promoción de redes de pequenes e medianas empresas, o programa apoiará a investigación e a transferencia de coñecemento entre rexións transfronteirizas. Así mesmo, apostará polo financiamento de proxectos dirixidos ao turismo sostible, á eficiencia enerxética dos edificios públicos e á mellora das infraestructuras sanitarias, entre outros. Por último, o programa tamén apoiará a formación profesional das persoas que viven en rexións transfronteirizas.

image