En xeral, son beneficiarios potenciais deste financiamento FEDER unha ampla gama de entidades xurídicas de dereito público ou privado, como por exemplo:

  • Autoridades nacionais, rexionais e locais, incluídos departamentos sectoriais e axencias públicas e equivalentes
  • Universidades, organismos de investigación e desenvolvemento
  • Entidades sen ánimo de lucro
  • Empresas de carácter industrial e comercial

Os proxectos estarán liderados por un beneficiario principal que será o responsable financeiro e xurídico da globalidade do proxecto fronte á Autoridade de Xestión do Programa, asegurando a correcta xestión do mesmo. Estas funcións deben ser asumidas por persoal con experiencia, competencias técnicas, económicas e idiomáticas. Por outro lado, todos os socios son responsables da realización de actividades do proxecto e responsables das súas propias accións. Os socios deben contribuír coa execución dos obxectivos e das actividades específicas, tal e como se definen no Formulario de Candidatura aprobado e no Acordo de Partenariado Transnacional.

En xeral non hai un límite do número de socios, pero recoméndase que a asociación estea equilibrada para que a súa xestión sexa viable.