Co fin de consolidar as estruturas de cooperación existentes e lograr resultados tanxibles en termos de desenvolvemento da economía do coñecemento, o programa Espazo Atlántico pretende:

  • Mellorar o patrimonio marítimo do Atlántico
  • Valorizar os recursos marítimos do espazo atlántico
  • Contribuír á aparición de novos grupos de actividade económica
  • Promover a accesibilidade e as condicións loxísticas
  • Contribuír ao desenvolvemento equilibrado e sustentable do espazo atlántico

O derradeiro Programa Operativo estivo estruturado en prioridades como:

  • Promover o espírito empresarial transnacional e as redes de innovación
  • Protexer, asegurar e mellorar o medio mariño e costeiro sustentable
  • Mellorar a accesibilidade e os enlaces internos
  • Promover as sinerxías transnacionais no desenvolvemento sustentable, urbano e rexional
  • Asistencia técnica