A cooperación territorial europea (Interreg IV) impulsa o traballo en coordinación entre as rexións e cidades de diferentes estados membros, fomentando a aprendizaxe entre uns e outros a través de programas conxuntos, proxectos e redes, co fin de alcanzar un desenvolvemento territorial integrado.

A Unión Europea lanzou a iniciativa comunitaria INTERREG no ano 1990 co fin de apoiar as rexións nas fronteiras internas e externas da Unión Europea que experimentan dificultades a causa da súa situación xeo-específica. A solución achegada pola Comisión Europea baseouse en estimular a cooperación entre rexións con fronteiras comúns, xa fosen de mar ou de terra.

Interreg VI impulsa o traballo en coordinación entre as rexións e cidades de diferentes estados membros, fomentando a aprendizaxe entre uns e outros a través de programas conxuntos, proxectos e redes, co fin de alcanzar un desenvolvemento territorial integrado.

Este programa organízase en tres vertentes: cooperación transfronteriza (Interreg A), cooperación transnacional (Interreg B) e cooperación interrexional (Interreg C). O seu financiamento está garantido polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A súa vez, cada unha destas vertentes conta con distintos programas de financiación, en función da situación xeográfica de cada rexión poden participar en uns programas ou outros. No caso de institucións galegas, os programas nos que se pode participar son: POCTEP, Espazo Atlantico e SUDOE.

A nova política de cohesión da UE estableceu tres obxectivos: Converxencia, Competitividade Rexional e Emprego e Cooperación Territorial Europea/

O obxectivo da Cooperación Territorial trata de reforzar a colaboración a nivel transfronteirizo, transnacional e interrexional, sobre as bases da anterior iniciativa INTERREG. Busca atopar solucións comúns ás rexións veciñas no que respecta ao desenvolvemento urbano, rural e costeiro, desenvolvemento das relacións económicas e a creación de redes de pequenas e medianas empresas.

Os temas da cooperación territorial céntranse en:/

  • Investigación
  • Desenvolvemento
  • Sociedade da información
  • Medio ambiente
  • Prevención de riscos
  • Xestión integrada dos recursos hídricos