Programa Marco Horizonte 2020

A Unión Europea concentra a meirande parte das súas actividades de investigación e innovación no Programa Marco denominado Horizonte 2020 (H2020). No período 2014-2020, e mediante a implantación dos tres piares, contribúe a abordar os principais retos sociais, promover o liderado industrial en Europa e reforzar a excelencia da súa base científica. O orzamento dispoñible ascenderá a 76.880 millóns de euros.

 

Horizonte 2020 integra por primeira vez todas as fases comprendidas entre a xeración de coñecemento e as actividades máis próximas ao mercado: investigación básica, desenvolvemento de tecnoloxías, proxectos de demostración, liñas piloto de fabricación, innovación social, transferencia de tecnoloxía, probas de concepto, normalización, apoio ás compras públicas pre-comerciais, capital de risco e sistema de garantías.

A OTRI pon á disposición dos investigadores os plans de traballo do Horizonte2020. Ditos plans, estruturados segundo os piares do programa europeo, pódense descargar nos seguintes enlaces/

Programa de Traballo Spreading Excellence and Widening Participation

Programa de Traballo Science with and for Society

Programa de Traballo Euratom Research and Training Programme 2014-2018

Nestas ligazóns pódense descargar documentos e atopar mais información relacionadas co programa Horizonte 2020/