O principal obxectivo do Consello Europeo de Investigación (ERC) é fomentar a investigación de alta calidade en Europa financiando proxectos a longo prazo mediante convocatorias competitivas/

As ERC Grants apoian a investigadores individuais de calquera nacionalidade e idade que desexen continuar a súa investigación en Ciencia Excelente

Starting Grants (StG)/

As Starting Grants están deseñadas para apoiar a investigadores excelentes en posesión do título de doutor cunha antigüidade de entre 2 e 7 anos e que estean empezando a súa propia liña de investigación independente e queiran formar o seu propio equipo.

Próxima convocatoria ERC-2020-StG

Data apertura (estimada): agosto-setembro 2019

Data peche: 17-10-2019

Consolidator Grants (CoG)/

As Consolidator Grants están deseñadas para apoiar a investigadores excelentes en posesión do título de doutor cunha antigüidade de entre 7 e 12 anos e que estean consolidando o seu propio equipo e liña de investigación independente.

 

Próxima convocatoria ERC-2020-CoG

Data apertura (estimada): outubro 2019

Data peche: 07-02-2020

Advanced Grants (AdG)/

As Advanced Grants están deseñadas para apoiar a investigadores excelentes sénior con polo menos 10 anos de experiencia e que presenten propostas innovadoras, ambiciosas e na fronteira do coñecemento.

 

Próxima convocatoria ERC-2019-AdG

Data apertura: 21-05-2019

Data peche: 29-08-2019