Nesta sección recóllese a información da última convocatoria de acceso ao Viveiro de Empresas

Convocatoria pechada (11 de outubro de 2017)

Deberase entregar a seguinte documentación na solicitude:

  • Formulario de solicitude debidamente asinado
  • Descrición da iniciativa empresarial
  • Documentación xustificativa do vínculo coa universidade de polo menos unha persoa integrante do proxecto (por exemplo: matrícula, expediente académico actualizado, título académico, contrato laboral, datos persoais da intranet da UDC, etc.)

No caso de que a empresa estea constituída deberase achegar a documentación sinalada máis o establecido no artigo 4.b do Regulamento.

Para máis información, consultar a Convocatoria e o Regulamento para admisión e permanencia de iniciativas empresariais no Viveiro de empresas innovadoras da UDC.