QUEN PODE
ACCEDER AO VIVEIRO?

O espazo do Viveiro de Empresas está á disposición de proxectos empresariais ou empresas de recente constitución creadas no marco da actividade innovadora, científica e/ou técnica levada a cabo pola comunidade universitaria. Concretamente, admítense os seguintes colectivos:

  • Alumnado que estea a cursar estudos na UDC no momento da solicitude
  • Titulados* pola UDC durante os cinco anos directamente anteriores á publicación da convocatoria de acceso ao Viveiro
  • Persoal docente e investigador
  • Persoal de administración e servizos
*Considéranse titulados pola UDC os antigos alumnos que cursaron e finalizaron estudos de grao, posgrao, mestrado ou doutoramento na UDC.

COMO
ENTRAR NO VIVEIRO?

O acceso ao Viveiro realizarase por convocatoria pública no momento en que se libere unha praza. Os promotores interesados terán que cubrir e presentar o formulario de solicitude que atoparán xunto coa información da convocatoria, ademais de entregar unha memoria e unha presentación do proxecto.

As solicitudes serán valoradas por unha comisión do Viveiro, que poderá solicitar a presenza dos promotores das iniciativas para expoñer o seu proxecto empresarial.

A UDC empregará todos os medios ao seu alcance para lle dar publicidade á devandita convocatoria.

DURACIÓN E TARIFAS

A estancia no Viveiro é por un máximo de 2 anos e 8 meses:

  • 8 meses para a maduración do proxecto empresarial. Neste período é gratuíto.
  • Os seguintes 2 anos o prezo é de 150 €/mes máis IVE. Todos os servizos incluídos no prezo.

MÁIS INFORMACIÓN

No Regulamento xunto coa convocatoria que estea en vigor recollerase toda a información necesaria para solicitar un espazo no Viveiro de Empresas.

En caso de dúbida ou consulta poderá contactar no teléfono 981 167 173 ou no correo electrónico otri.viveiro@udc.es