Spin Offs participadas pola UDC

APPENTRA SOLUTIONS

A misión de Appentra é proporcionar ferramentas software de calidade que permitan un uso extensivo das técnicas de computación de alto rendemento (HPC) en todas as áreas de aplicación da enxeñaría, a ciencia e a industria. Os clientes obxectivo de Appentra son empresas e organizacións que actualizan frecuentemente as súas aplicacións de cálculo intensivo en mercados coma o aeroespacial, o da automoción, a enxeñaría civil, a biomedicina ou o químico.

O desenvolvemento de aplicacións HPC require de habilidades e coñecementos que van moito máis alá das técnicas, métodos e ferramentas empregados en enxeñaría ou en eidos científicos ou industriais. As habilidades en programación paralela e técnicas de HPC son totalmente necesarias para poder aproveitar a potencia de cálculo dos sistemas multi-core e many-core modernos. As ferramentas software de Appentra simplifican a programación multi-core e many-core debido a que reducen a necesidade de coñecementos e habilidades en técnicas de programación paralela e HPC, o que redunda nun aumento da produtividade dos seus clientes.

En Appentra, a investigación e o desenvolvemento son valores estratéxicos, e a innovación é o motor para proporcionar novas solucións software HPC que satisfagan as necesidades e melloren a produtividade dos seus clientes.

PROMOTORES

Manuel C. Arenaz Silva
María Rosa Vázquez Rogel

CONTACTO

881 015 556
www.appentra.com
info@appentra.com

Centro de Estimulación Cerebral de Galicia

Nunha sociedade como a actual, onde nos enfrentamos a múltiples e urxentes requirimentos diarios en todos os ámbitos da vida, a saúde e o seu coidado adquiren unha dimensión especial. Enfermidades como a depresión, a ansiedade ou a dor crónica, reducen de xeito dramático a calidade de vida dos individuos que as sofren; isto, á su vez, impacta de xeito demoledor na capacidade laboral e social da persoa.

O que a nosa empresa ofrece son servizos no eido da medicina, relacionados coa utilización e o desenvolvemento de técnicas e protocolos de estimulación cerebral non invasiva para tratar patoloxías neuro-psiquiátricas moi prevalentes nas que teñen fracasado, ou non son de aplicación, os procedementos habituais. Así mesmo, tamén ofrecemos asesoría e consultoría neste campo.

PROMOTOR
Francisco Javier Cudeiro Mazaira

CONTACTO
jcud@udc.es
jcm@arriaza.es
www.estimulacioncerebral.com

Health [in] Code

Health in Code xorde a partir da investigación desenvolvida conxuntamente entre o Instituto de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña e o Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela. Tras anos de experiencia clínica e investigación, na cardioloxía e na xenética, o equipo promotor adquiriu o coñecemento e o saber facer necesario para a creación dunha empresa especializada no diagnóstico xenético molecular de cardiopatías e na interpretación dos resultados xenéticos; o que proporciona aos clínicos a oportunidade de realizar có apoio do diagnóstico xenético unha medicina individualizada.

Servizos
Health in Code ofrece un amplo catálogo de servizos de diagnóstico molecular de gran relevancia para o prognóstico e o tratamento terapéutico no ámbito das miocardiopatías hereditarias:

  • Miocardiopatía Hipertrófica
  • Miocardiopatia Dilatada
  • Miocardiopatía No Compacta
  • Displasia Arritmogénica del Ventrículo Derecho
  • Síndrome de Brugada • Síndrome QT-largo

PROMOTORES

Lorenzo Monserrat Iglesias
Javier Muñíz García
Alfonso Castro Beiras
Manuel Hermida Prieto

CONTACTO

881 600 003
www.healthincode.com
info@healthincode.com

Manufactura de Ingenios Tecnológicos

Deseño, desenvolvemento e fabricación de dispositivos autónomos e plataformas robóticas que fan uso intensivo das tecnoloxías da información.

PROMOTORES

Richard Duro Fernández
Fernando López Peña
Francisco Bellas Bouzas
Álvaro Deibe Díaz
Abraham Prieto García
Arsenio Iglesias Vázquez

Nerxus Quality Solutions

Nerxus ofrece un servizo de asesoría Big Data en eficiencia enerxética para instalacións e locais orientado a empresas do sector servizos.

PROMOTORES

Salvador Naya Fernández
María Sonia Zaragoza Fernández
Jorge José López Beceiro
Javier Tarrío Saavedra
Ana Álvarez García

Peloides Termales

Peloides Termales é unha empresa de base tecnolóxica que xorde a partir das investigacións do grupo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo, en colaboración co Departamento de Medicina da Universidade da Coruña.

A empresa está adicada á consultoría sobre produción, emprego e propiedades de peloides a medida, tanto para aplicacións terapéuticas como cosméticas, enfocada a prestar servicios ao sector termal.

Peloides Termales está orientada ao mercado do turismo de saúde e benestar, en concreto como proveedor de servicios e productos para balnearios e talasos.

Servizos

  • Consultoría sobre produción, emprego e propiedades dos peloides, tanto para aplicacións terapéuticas coma cosméticas
  • Deseño de productos peloides a partires das especificacións e características das augas e outros derivados termais de cada cliente
  • Produción de produtos estándar para todo tipo de centros de saúde e benestar

PROMOTORES

José Luis Legido
Lourdes Mourelle
Rosa Meijide
Carmen Gómez
Margarita García
Perfecta Salgado

CONTACTO

+34 668 85 97 17
+34 986 120 466
www.peloides.org
info@peloides.org

Sedaqua - Humigal Sistemas Ecológicos de Depuración de Aguas

Nos últimos anos e debido ao fenómeno do Cambio Climático, estase fomentando o aforro de enerxía e os sistemas eficientes e respetuosos co medio ambiente.

Sedaqua nace neste contexto e presenta un tratamento de depuración de augas mediante os humedais artificiais para pequenas poboacións e industrias. A idea xorde como consecuencia das experiencias realizadas polo Grupo de Investigación de Enxeñaría Química Ambiental da Universidade da Coruña.

PROMOTORES

Manuel Soto Castiñeira
David De la Varga Calvo
Marcos Antonio Vázquez Trillo

CONTACTO

www.sedaqua.com
info@sedaqua.com

Syntheractive

Synteractive é unha empresa TIC que presta servizos visualmente avanzados para a televisión dixital, independentes do set-top box, definidos mediante vídeo sintético interactivo.

PROMOTORES

Víctor M. Gulías Fernández
Javier Taibo Pena
Miguel Barreiro Paz

CONTACTO

www.syntheractive.com
info@syntheractive.com

Terravanza, Gabinete de Estudios Territoriales Avanzados

Terravanza é unha empresa spin-off que xorde da Universidade da Coruña.

A iniciativa formulada por este equipo baséase na monitorización das infraestruturas municipais baixo o criterio do detalle e a actualización constante a través de sensores estáticos e dinámicos, integrando os seus resultados con distintas bases de datos, co fin de obter unha visión completa e en tempo real das mesmas para facilitar a xestión, mantemento e toma de decisións  na esfera local. En xeral, dentro dos servizos ofertados, distínguense dous tipos básicos: aqueles nos que existe aplicación intensiva da tecnoloxía, principalmente mediante sensores, co fin de realizar unha recollida de datos máis ampla e fiable, por unha parte, e aqueles nos que a aplicación tecnolóxica será moito menor e xeralmente non relacionada coa recollida de datos mediante sensores xeralmente non relacionada coa recollida de datos mediante sensores.

Dedicámonos ao asesoramento técnico, auditoría e consultoría nos eidos da enxeñaría, a planificación, o urbanismo e o medio ambiente aplicando solucións innovadoras.

Tamén prestamos servizos asociados, incluíndo diagnose, soporte, mantemento, instalación, integración da subministración, explotación, avaliación, optimización, dirección, xestión, formación, divulgación, investigación, innovación e desenvolvemento, incluído o tratamento de datos.
Recentemente, Terravanza foi calificada como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica pola Xunta de Galicia.

PROMOTORES

Carlos Nárdiz Ortíz
Rubén Nieto Seijas
Gael Sánchez Rivas
Pablo Regueira Pacín
Adolfo Fernández Seijo

CONTACTO

881 015 758
info@terravanza.com
www.terravanza.com
blog.terravanza.com

Torus Software Solutions

Torus Software Solutions é unha empresa de solucións de software de comunicacións ultrarrápido que permite acelerar aplicacións en entornos onde o rendemento é crítico, en especial nos eidos financeiros, de telecomunicacións e de enerxía. Torus é unha Empresa de Base Tecnolóxica (EBT) recoñecida como tal pola Universidade da Coruña en marzo de 2013. Está participada pola UDC e a Fundación Barrié, así como por investigadores do Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC. É o resultado das investigacións levadas a cabo polos promotores no campo das comunicacións de altas prestacións, o estreito apoio da OTRI da UDC e o financiamento recibido pola Fundación Barrié a través do Fondo de Investimento Ciencia, mecanismo creado para axudar á posta en valor e comercialización de tecnoloxías xeradas nas universidades e centros de investigación galegos.

Torus aposta firmemente pola I+D e a súa aplicación nos sectores máis competitivos, así como pola valorización comercial de tecnoloxías disruptivas mediante a súa transformación en produtos únicos. Torus está comprometida co progreso económico e social de Galicia, tendendo pontes entre o mundo académico e o empresarial, para o que colabora intensamente coa OTRI da Universidade da Coruña e o CITIC.

Produtos
Java Fast Sockets
FastMPJ

PROMOTORES

Ramón Doallo Biempica
Juan Touriño Domínguez
Guillermo López Taboada

CONTACTO

+34 657 662 998
www.torusware.com
info@torusware.com

Empresas asociadas á UDC

AllGenetics & Biology

AllGenetics apoia a centros de investigación e empresas líderes en todas as áreas das ciencias da vida. De acordo co noso lema “encantados de apoiar a túa investigación”, cada ano levamos a cabo decenas de proxectos xunto con destacados científicos de todo o mundo.

Un grupo de investigadores da Universidade da Coruña lanzou AllGenetics en 2011. A principios deste ano, o proxecto que se convertiría en AllGenetics foi distinguido como IEBT (Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica) pola Xunta de Galicia. Como resultado, o Fondo Social Europeo cofinanciou o proxecto empresarial. En 2013, AllGenetics converteuse en empresa asociada á Universidade da Coruña.

Somos científicos cunha sólida experiencia en investigación en xenética molecular. Estamos especializados en aplicar esta tecnoloxía a proxectos de investigación relacionados coa ecoloxía e a biodiversidade.

PROMOTORES

Joaquín Vierna Fernández
Alejandra Perina Cedrón

CONTACTO

www.allgenetics.eu
info@allgenetics.eu

Enxenio

Enxenio é unha empresa de software que participan profesionais e profesorado da Universidade da Coruña, o que avala a calidade técnica dos seus produtos, os cales son rigorosamente probados mediante os maiores controis de calidade.

A empresa dedícase ao desenvolvemento de aplicacións a medida e consultoría, con especial atención aos seguintes ámbitos:

  • Sistemas de información xeográfica (GIS)
  • Xestión documental
  • Sistemas de información en web
  • Software de xestión académica (SIXA)

PROMOTORES

Nieves Rodríguez Brisaboa
Jose Ramón Paramá Gabía
Miguel Rodríguez Penabad
Ángeles Saavedra Places
Miguel Rodríguez Luaces
Antonio Fariña Martinez

CONTACTO

981 913 768
www.enxenio.es
contacto@enxenio.es
i+d@enxenio.es