Catro principios básicos rexen esta rede de cooperación/

As accións de COST son acordos flexibles/

As accións de COST poden versar sobre calquera materia e ser propostas por científicos individuais, países membros de COST ou a Comisión Europea/

A participación nas accións é voluntaria, de modo que tan so os países verdadeiramente interesados participan/

O orzamento COST da Comisión destínase exclusivamente aos gastos de coordinación. As actividades de investigación son financiadas a nivel nacional/

O propósito de COST é centrarse en asuntos internacionais, onde a cooperación beneficiará a varios países que requiran unha harmonización de regulacións e actuacións políticas e nos que a cooperación en materias científicas de carácter multidisciplinar e innovador podería ser desexable.

 

Ademais, COST cobre unha ampla gama de temas científicos e tecnolóxicos, como son: agricultura e biotecnoloxía, química, medio ambiente, dinámica dos fluídos, ciencia alimentaria, bosques, materiais, medicamento e saúde, meteoroloxía, oceanografía, física, ciencias sociais, telecomunicacións e ciencia e tecnoloxía da información, transporte e enxeñaría civil urbana.