MEMORANDO DE ENTENDEMENTO

COST está baseado en Accións, que son redes de coordinación de proxectos nacionais de investigación que interesen a un mínimo de cinco estados membros e que en xeral teñen unha duración de catro anos.
Os Estados que queiran participar en cada Acción indicarán a súa intención mediante a firma do Memorando de entendemento, que constitúe o documento básico das Accións COST, sendo un instrumento legal flexible non xuridicamente vinculante desde unha perspectiva de Dereito Internacional Público.
O Memorando rexe os propósitos comúns, o tipo de actividades que deben levar a cabo e os termos da participación. Unha vez asinado polos gobernos dos países membros que desexen participar nunha Acción determinada, e eventualmente pola Comisión europea, o Memorando entra en vigor.