CONVOCATORIA DÚAS PRAZAS DE TÉCNICOS CON CARGO AO PROXECTO EUROPA REDES E XESTORES FINANCIADO POLO MICINN

A OTRI da Universidade da Coruña ten concedido un proxecto da convocatoria Europa Redes e Xestores do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICINN), cunha duración ata o 31 de decembro de 2020. O obxectivo deste proxecto consiste en fortalecer a presenza de grupos de investigación, centros de I+D e campus de especialización da UDC en proxectos de carácter internacional, con especial incidencia en H2020, e a captación de recursos económicos nesa contorna a través da mellora da capacidade estrutural da UDC para ofrecer un servizo de apoio aos investigadores e ecosistema empresarial.

As tarefas do novo persoal contratado consistirán en actividades de apoio vinculadas á execución do proxecto, tales como: xestión do propio proxecto concedido no marco da convocatoria Europa Redes, xestión administrativa, económica e técnica de proxectos internacionais concedidos á UDC, definir ideas de proxectos internacionais viables, colaborar na redacción de propostas, organización de actividades de sensibilización e formación da comunidade investigadora, interacción con empresas do entorno, etc.

  • Contrato para apoio e reforzo en actividades de xestión de proxectos europeos, praza 2019/CP/228
  • Contrato para apoio e reforzo en actividades de xestión de proxectos europeos, praza 2019/CP/229

Información publicada na sede electrónica da UDC na sección de contratación proxectos na seguinte ligazón o día 14 de novembro de 2019: