O artigo 83 da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades (LOU) estableceu que os grupos de investigación recoñecidos pola Universidade, os departamentos e os institutos universitarios de investigación, así como o seu profesorado, ben a través destes ou dos órganos, centros, fundacións ou estruturas organizativas similares da universidade dedicados á canalización das iniciativas investigadoras do profesorado á transferencia dos resultados da investigación, poderán asinar contratos con persoas, universidades ou entidades públicas ou privadas para a realización de traballos de carácter científico, técnico ou artístico, así como para o desenvolvemento de ensinanzas de especialización ou actividades específicas de formación.

Segundo o Regulamento da UDC para a contratación de servizos técnicos, artísticos ou docentes, aprobado no Consello Social o 19 de xullo de 2012, este tipo de contratos poderán formalizarse a través da UDC ou a través das diferentes entidades habilitadas para iso (fundacións e entidades xestoras que teñen un convenio específico asinado coa UDC para xestionar este tipo de contratos). Os contratos xestionados a través da UDC serán tramitados directamente na OTRI. Ademais, crearase un rexistro informático nesta oficina para o control, seguimento e avaliación de todos os contratos nos que participen investigadores da UDC asinados a través das distintas entidades.

Regulamento para a contratación de servizos científicos, técnicos, artísticos ou docentes

Formulario de encomenda de servizos

Modelo Contrato de Investigación Art. 83

Anexo Modelo Contrato de Investigación Art. 83