Nestes intres de cambio no modelo de desenvolvemento económico no que nos atopamos é máis obrigado que nunca establecer colaboracións para dar unha resposta eficaz ás dificultades. Desde a Universidade da Coruña apostamos por facelo creando coñecemento e transferíndoo á sociedade, de xeito singular ás empresas.

Para fomentar esa colaboración, a OTRI trata de potenciar as relacións entre o tecido empresarial e os grupos de investigación da UDC e ofrece os seguintes servizos ás empresas e institucións da contorna:

 

  • Información sobre a oferta tecnolóxica, as liñas de investigación, recursos da UDC e os resultados acadados polos grupos de investigación
  • Información sobre as capacidades dos centros do Parque Tecnolóxico da UDC
  • ­Asistencia na contratación coa UDC para a realización de traballos de carácter científico, técnico ou artístico, así como para o desenvolvemento de ensinanzas de especialización ou actividades específicas de formación

Ademais/

  • Poñemos en contacto a empresas e investigadores da UDC
  • Informamos sobre convocatorias de axudas para financiar actividades de investigación e desenvolvemento en colaboración Universidade – Empresa