Desde a OTRI apoiamos ao investigador na procura dunha saída comercial para os resultados de investigación alcanzados, así como da axuda necesaria para orientar as liñas de investigación do grupo ás necesidades actuais do mercado. Se é investigador e se atopa nunha destas situacións, por favor contacte con nós.

Podemos prestar asesoramento en cuestións de estratexia, promoción, visualización, comercialización, negociación de licenza ou cesión de patentes, etc.../

Valorización de resultados/

Na valorización de resultados de investigación preténdese analizar a estratexia adecuada de protección dunha invención da Universidade, a novidade da tecnoloxía e valorar o potencial de explotación para preparar un posterior plan de comercialización.