6 febreiro – Xornada OTRI – Biblioteca Universitaria. “Como cumprir coas políticas de acceso aberto”

A OTRI e a Biblioteca Universitaria da UDC organizan esta  xornada, dirixida ao PDI e ao alumnado de doutoramento da UDC, que  ten como obxectivo informar  sobre a xestión de publicacións e datos de investigación en acceso aberto, resolver dúbidas  e aportar solucións concretas para facilitar o cumprimento dos  requirimentos dos organismos financiadores.

Na primeira parte da xornada Pilar Rico Castro, responsable da Unidad de Acceso Abierto, Repositorios y Revistas de FECYT, falará sobre as políticas actuais e futuras de acceso aberto, no marco legal nacional e europeo, así como dos recursos e infraestruturas de apoio á publicación en aberto.

A segunda parte da xornada será un taller café, a cargo de dous bibliotecarios da UDC (Carlota Balsa Sánchez e Isaac G. Darriba López)  que desenvolven  no seu traballo diario tarefas de apoio aos  investigadores. O obxectivo desta segunda parte é facilitar un conxunto de boas prácticas para a xestión das súas publicacións e datos en aberto.

  • Data: 6 de febreiro 2020
  • Lugar: Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa (https://goo.gl/maps/conx2WGVdA8Qci3v5)
  • Horario: 10:00 h  a 14:00 h

A participación está limitada a 70 prazas e as prazas cubriranse por orde de inscrición.

A inscrición está pechada. O aforo atópase completo.

 

 

Actividade cofinanciada polo Ministerio de Ciencia e Innovación