26 de xuño 2017 – Seminario “Oportunidades de financiamento en proxectos colaborativos nas convocatorias 2018 de H2020”

A xornada ofrecerá unha panorámica dos piares 2 – Liderado industrial e 3 – Retos sociais do Programa Cadro da Unión Europea para investigación e innovación, Horizonte 2020, a partir da revisión dos novos programas de traballo para o período 2018-2020, con especial atención ás prioridades temáticas para as convocatorias do ano 2018.

A relatora principal será a Dra. Marina Martínez, quen é persoal destacado do CDTI (Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial) na oficina desta entidade en Bruxelas (oficina SOST, Spanish Office for Science and Technology), onde centra as súas actividades no programa H2020 e iniciativas afíns de I+D+i, sendo responsable das áreas de Seguridade e Transporte, e prestando apoio aos programa de Espazo, Medio Ambiente e Bioeconomía de H2020.